Ingredientes
- (aprox. para 4 persoas)
- •1 Kg. de carne (da tapa das costas)
- •2 ovos cocidos
- •1 pemento morrón cortado en tiras
- •tiras de xamón
Preparação
- Adobamos a carne con allo, perexil, sal e aceite.
- Estendemos sobre a mesa (canto máis cadrado sexa o anaco de carne, melhor) e recheamos com xámon, pemento e ovos cocidos.
- Envolvemos todo e cosemos facendo un rolo, (xa que se non se ata pode desfacerse).
- Dámoslle unha volta cun cordón para atalo ben, cara a un lado e cara ó outro.
- Douramos en aceite; ó estar dourado, engadimos viño branco e cebola, incluso un pouquiño de perexil.
- Facemos a lume manso, durante unhas dúas horas.
- Pódese servir nun prato de rolos surtido.