Ingredientes
- (aprox. para 10 persoas)
- •3 mañizas de grelos
- •aceite de oliva
- •allo, xamón, touciño entrefebrado
- •vieiras
- •gambas
- •ovos caseiros
Preparação
- Cocemos os grelos durante 15 minutos en auga de cocer carne ou cun pouco unto.
- Retiramos e escorremos.
- Poñemos aceite de oliva, allo, un pouco de xámon e touciño entrefebrado, picado en tamaño regular, rustrimos, arredamos do lume e deixamos esfriar.
- Poñemos ó lume, nunha tarteira de barro, aceite de oliva virxe, ó estar moi quente engadimos allo picado, deixamos ata dourar un pouco, mesturámoslle vieiras en rebandas, gambas escascadas e un pouquiño de xámon picadiño. Dámoslle unhas voltas e botámoslle os grelos, mesturando ben todo.
- Engadimos unha ducia de ovos caseiros pouco batidos, agregamos o rustrido, revolvemos todo e servimos na mesma cazola adornando con triángulos de pan frito.