Ingredientes
- (para 4 persoas)
- •1 l. de leite
- •6 xemas
- •6 culleradas de azucre
- •canela
- •un chisquiño de fariña
Preparação
- Separamos as claras das xemas.
- Botamos estas últimas soas nun recipiente, engadimos o azucre e revolvemos ben, a continuación o litro de leite e a fariña mesturando ben, pero sen chegar a bater.
- Coamos todo e botamos nunha pota, engadimos un pauciño de canela e poñemos ó lume.
- Revolvemos e mantemos a lume vivo, pero sen que chegue a ferver.
- Retiramos e seguimos revolvendo ata que enfríe.
- Coamos outra vez e metemos á neveira.
- Adornamos con canela, e coas as claras batidas a punto de neve.
- Forneamos uns minutos para que collan color.