Ingredientes
- (para 4 persoas)
- •4 lomos de linguado
- •14 cocochas de pescada por prato
- Para a salsa:
- •2 culleradas de aceite
- •1 cebola
- •4 dentes de allo
- •1 cullerada de fariña
- •sal
- •coñac
- •viño branco
- •perexil
- •loureiro
Preparação
- Primeiro limpamos o linguado.
- Depois facemos a salsa: picamos a cebola e os allos moi picadiños; botamos dúas culleradas de aceite nunha pota, a cebola, o allo e o loureiro a dourar, cando a cebola estea medio brillante botamos a fariña, movemos ben e engadimos o coñac, o viño branco e o perexil.
- Revolvemos.
- Engadimos un pouco de caldo de peixe (que faremos com cabezas de peixe, rodaballo, peixe sapo, que poremos a cocer nunha pota con tomate, cenoira, loureiro e sal).
- Cando a salsa estea feita botámola nunha pota.
- Poñemos primeiro a salsa: enrosacamos os lombos de linguado, prendémolos cun "palillo" e dourámolos.
- Botámos enriba, a continuación as cocochas, previamente douradas no aceite, volta e volta.
- Unha vez que temos todo na pota, metémola ó forno uns 6 minutos.
- Presentamos con perexil.