Ingredientes
- (aprox. para 4 persoas)
- •600 gr. de pementos verdes e vermellos de Oimbra
- •100 gr. de queixo fresco
- •100 gr. de xámon do país
- •16 p. anchoas galegas
- •3 dl. aceite de oliva virxe extra de 4º
- •1 dente de allo
- •sal
- •vinagre balsámico
Preparação
- No forno quente a 175º asamos os pementos durante quince minutos.
- Retiramos e deixamos que enfrien un pouco.
- De seguido, pelamos e gardamos envoltos nun pano limpo.
- Cortamos o queixo e o xámon en tiriñas finas.
- Para presentear, poñeremos no prato os pementos en tiras de un centrímetro (máis ou menos) en forma de radios.
- En medio deles colocamos as anchoas e as tiriñas de queixo.
- Nunha tixola deitamos o aceite e poñemos o dente de allo que teremos esmagado coa súa pel).
- Cando estea dourado retirámolo e pasamos o xámon ata que quede "crujiente".
- De seguido, colocámolo apilado no centro do prato de pementos.
- Deixar enfriar un pouco o aceite e engadir con coidado o vinagre balsámico.
- Rapidamente condimentamos coa vinagreta e o sal a ensalada de pementos.
- Servimos ó momento.