Ingredientes
- (para 4 persoas)
- •4 lombos de 200 gr. de robaliza (lubina)
- •400 gr. de cigalas
- •150 gr. de cogumelos
- •4 dentes de allo
- •2 cebolas
- •1 allo porro
- •8 dl. de aceite de oliva
- •1 copa de brandi
- •1 copa de xerez
- •1 cullerada de maicena
- •1 copa de viño branco
- •caldo de peixe
- •patacas
Preparação
- Pasamos os cogumelos coa manteiga e unha gota de aceite de oliva e reservamos.
- Rustrimos a lume manso a cebola, o allo, e o allo porro, sen a folla verde.
- Engadimos un pouco de caldo de peixe e deixamos ferver durante 45 minutos.
- Axudándonos do batedor pasamos polo "chino" ou por un coador.
- Agregamos o xerez, o viño branco, o brandi e a cullerada de maicena, cocemos durante 3 minutos e reservamos.
- Rustrimos lixeiramente as colas das cigalas debidamente peladas.
- No mesmo aceite moi quente douramos douramos duarnte un minuto os lomos da robaliza rebozados na fariña.
- Unha vez dourados e limpos de todo o resto de aceite introducímolos na salsa e engadimos os cogumelos que temos reservados, deixámolos cocer por espacio de 4 minutos.
- Servimos e acompañamos con patacas inglesas.